Antroponimia medieval galega (ss. VIII-XII)
Reprint 2014. - Tübingen: Max Niemeyer Verlag, [2014]
Online
Monographie, Elektronische Ressource
- 1 online resource (565 p.) : 1 Kte
Ermittle Ausleihstatus...
O propósito deste traballo é contribuír ó estudio lingüístico sobre os nomes de persoa na Galicia altomedieval. O corpus está formado por documentos éditos de Sobrado, Carboeiro, Samos, Xubia e Santiago, situados cronolóxicamente entre os ss. VIII e XII. Fíxose necesaria a confrontación cos orixinais, dado o número de erros presentes nas edicións. Tras tira-los nomes propios, contamos cuns 10.000 cadeas onomásticas, o que supón ó redor das 18.000 ocorrencias. A partir deste material realizouse o estudio sobre o sistema de denominación persoal e a súa evolución: constatouse o paso da nominación única á utilización de segundos nomes, constituídos maiormente por outros nomes persoais en xenitivo ou cun sufixo patronímico (-iz, mod. -ez); en menor medida empregáronse sobrenomes (procedentes de alcumes, hipocorísticos e designativos profesionais) e nomes de orixe (topónimos e étnicos). A seguir, considerouse a composición etimolóxica do material onomástico, reflexo da historia social e cultural: a escasa pervivencia do elemento prerromano, a entrada dos nomes latinos ou transmitidos polo latín (gregos e hebreos), a influencia do cristianismo, a extraordinaria difusión da onomástica xermánica e a débil repercusión da árabe. En cada un destes capítulos inclúese información estatística que reflicte as respectivas proporcións, os nomes máis usados, a evolución cronolóxica das formas, etc. Despois elaboramos un diccionario cos materiais onomásticos, agrupando as variantes baixo unha única forma normalizada; o número total de entradas ronda as 2140. En cada unha delas realizamos un estudio particularizado, que inclúe información etimolóxica e, de se-lo caso, fonética e histórica, así como outras posibles referencias bibliográficas. Por último, inclúese unha relación das modificacións feitas ás fontes revisadas, de tódalas formas tratadas e da bibliografía
Titel: |
Antroponimia medieval galega (ss. VIII-XII)
|
---|---|
Verantwortlichkeitsangabe: | Ana Isabel Boullón Agrelo |
Autor/in / Beteiligte Person: | Boullón Agrelo, Ana Isabel |
Lokaler Link: | |
Link: | |
Verwandtes Werk: | |
Ausgabe: | Reprint 2014 |
Veröffentlichung: | Tübingen: Max Niemeyer Verlag, [2014] |
Medientyp: | Monographie |
Datenträgertyp: | Elektronische Ressource |
Umfang: | 1 online resource (565 p.) : 1 Kte |
ISBN: | 9783110909432 |
DOI: | 10.1515/9783110909432 |
Schlagwort: |
|
Sonstiges: |
|